Os recortes da Xunta nas cláusulas de control ambiental
Sobre este episodio
ADEGA denuncia por segundo ano consecutivo os recortes que fai a Xunta na lexislación ambiental a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos. Desta volta, a Xunta elimina a Avaliación ambiental estratéxica para os proxectos sectoriais (piscifactorías, parques eólicos, etc.), a avaliación de efectos ambientais e toda a lexislación galega contra o ruído.