Os áridos asfálticos e o seu impacto na comarca de Ferrol
Sobre este episodio
O caso Arena agocha unha problemática ambiental que varios colectivos veñen denunciando desde hai anos e que agora recorren á Fiscalía. Os áridos asfálticos procedentes de Holanda para utilizar en recheos ou asfaltados de estradas están sen reciclar e conteñen compostos contaminantes e prexudiciais para a saúde humana, segundo os expertos.