Nace a Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Sobre este episodio
Está constituída por máis de vinte colectivos defensores do medio natural galego e pretende que a lei europea se cumpra en Galiza aplicando modelos máis sostibles que a incineración para o tratamento dos residuos sólidos urbanos, como a reciclaxe e a compostaxe.