O dicionario de Estraviz, por Isaac Alonso Estraviz
Sobre este episodio
Isaac Alonso Estraviz colabora desde hai anos con Radio Cerna na súa sección de terminoloxía para explicarnos o significado de innumerables verbas galegas. Estraviz é un dos filólogos e lexicógrafos máis importantes de Galiza e o primeiro en elaborar un dicionario galego, só en galego. Hoxe preséntanos esta obra que xa sufriu varias actualizacións e que está en proceso dunha última que se publicará o ano próximo.