As mentiras de Sogama e as verdades da ILP
Sobre este episodio
Sogama e a Xunta volven apostar pola incineración dos residuos sólidos urbanos de Galiza. Propóñense crear unha nova planta incineradora ao lado da de Sogama, afondando na centralización do tratamento do lixo, na contaminación de dioxinas e furanos e na fraude económica. Hoxe coñecemos en Radio Cerna as mentiras de Sogama e as verdades da Iniciativa Lexislativa Popular que a cidadanía quere que se debata no Parlamento.