A Xunta avoca o Camiño Primitivo á desaparición cunha delimitación exprés
Sobre este episodio
A Xunta vén de delimitar oficialmente o Camiño Primitivo, o máis antigo de peregrinación a Compostela. E faino de xeito sorpresivo e sen atender ás alegacións de ducias de colectivos que defenden o patrimonio cultural e natural en Galiza, e que están conformados no Foro do Camiño Primitivo. Este Foro anuncia un recurso ante a Unesco e IComos-España.