Demandan o derrubo do encoro de Frieira
Sobre este episodio
O colectivo ecoloxista Coto do Frade é un dos que se atopan entre aqueles que demandan o derrubo de encoros procedentes do período franquista. Infraestruturas que xa teñen chuchado moita enerxía do río en detrimento da súa saúde e biodiversidade. O encoro de Frieira, propiedade de Gas Natural Fenosa é un deles e é o primeiro obstáculo de gran envergadura co que se atopan no río Miño as especies migradoras.