Acuíferos de Galiza-Costa para o abastecemento do rural
Sobre este episodio
Unha tese da Universidade de Santiago de Compostela revela que o aproveitamento sostible dos acuíferos existentes na bacía Galiza-Costa, competencia da Xunta, permitiría abastecer de auga a unha gran parte da poboación rural galega, sen necesidade de recorrer ás augas superficiais ou fluviais. O autor da investigación, Xoán Ramón Raposo explícanos como levar a cabo este descubrimento.