Guía para superar a escaseza do petróleo
Sobre este episodio
Xa superamos o pico ou teito do petróleo (peak oil) e ninguén nos está a advertir de como superar a escaseza de petróleo. É urxente tomar medidas para que o colapso enerxético non sexa inasumiblemente drástico. Por iso a Asociación Véspera de Nada está traballando desde hai anos nunha "Guía para o descenso enerxético" que agora quere publicar e distribuír. Está a pedir apoios a través da plataforma Verkami de crowdfunding online.