Camiños seguros do Morrazo, pola mobilidade sostible
Sobre este episodio
Dunha nova forma de entender os camiños tradicionais xorde o proxecto "Camiños seguros do Morrazo". O seu obxectivo é devolver a utilidade aos vellos camiños como percorridos de mobilidade sostible, pero tamén como elementos de conexión entre a veciñanza e entre o territorio e as persoas. A experiencia nace na comarca do Morrazo da man do arquitecto Martín Barreiro Cruz e do colectivo Rurbán.