Unha tese propón unha solución á contaminación do encoro do Umia
Sobre este episodio
Unha investigadora do grupo de enxeñaría agroforestal da Universidade de Vigo está a piques de rematar unha tese doutoral na que se propón unha solución para mitigar a contaminación por cianobacterias do encoro da Baxe, no río Umia, en Caldas de Reis. Desde o ano 2006, a contaminación pola proliferación destas microalgas tóxicas está sen resolver e os métodos paliativos que arestora se están a aplicar na presa non están acadando resultados óptimos. Esta nova investigación avoga por recoller as substancias contaminantes e tratalas fóra do encoro a través de técnicas naturais.