Ameazada a principal colonia de corvo mariño cristado da Península
Sobre este episodio
Esta fin de semana está prevista a celebración dunha proba de trail na Costa do Dexo (Oleiros) na que correrán 350 persoas e que podería poñer en risco a principal colonia de corvo mariño cristado da Península, ao pasar a carón do seu núcleo de cría. Varias organizacións ambientalistas pedíronlle a Xunta que revise o trazado da proba e avalíe as súas repercursións ambientais antes de aprobala.