V Limpeza simultánea de praias e lagoas litorais
Sobre este episodio
O vindeiro venres e sábado, ADEGA realizará unha limpeza simultánea de praias e lagoas litorais nas costas galegas para concienciar sobre a importancia de evitar que os nosos residuos cheguen ao mar. As consecuencias son catastróficas para a biodiversidade mariña pero tamén para nós, xa que os microplásticos chegan ao máis alto da cadea trófica. Esta actividade de voluntariado ambiental afectará a seis das lagoas litorais máis importantes de Galiza.