Pladever: O transvase do río Verdugo incumpriría o caudal ecolóxico
Sobre este episodio
Pladever, a plataforma na defensa do Río Verdugo, rexorde para reivindicar un cambio de modelo de xestión de auga e unha planficación de cara á eficiencia e ao aforro de auga na comarca de Vigo. Nunha recente mobilización que acabou no encoro de Eiras, centos de persoas reclamaron de novo a retirada do proxecto de transvasamento do río Verdugo ao encoro que abastece de auga á poboación da comarca viguesa.