Portada de Podcast Radio Cerna

A xestión dos Camiños de Santiago, posta en cuestión polo Icomos

· 10 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

A dous anos do Ano Xacobeo e no ano europeo do Patrimonio Cultural, a xestión dos Camiños de Santiago por parte da Xunta de Galiza e do Estado está a ser posta en cuestión por varios colectivos e, mesmo, polo Icomos, un organismo encargado de velar polo cumprimento dos criterios polos que a Unesco declara Bens Patrimonio da Humanidade. A delegación española do Icomos critica en particular o impacto potencial sobre o Camiño Francés de aprobarse a reapertura da mina Touro-O Pino. E colectivos como a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago ou o Foro do Camiño Primitivo chaman tamén a atencións sobre a perda de identidade e do carácter tradicional das vías de peregrinación por mor das obras de "acondicionamento" da Axencia Galega de Turismo. Así mesmo, tamén lamentan o abandono e a falta de implicación das autoridades locais e autonómicas na preservación e posta en valor dos Camiños de Santiago.

Últimos episodios de Podcast Radio Cerna

  1. Boletín informativo ambiental 22/10/2026

    22 de octubre de 2026 · 10 min

  2. Boletín informativo ambiental 16/10/2026

    15 de octubre de 2026 · 10 min

  3. Boletín informativo ambiental 09/10/2026

    8 de octubre de 2026 · 10 min

  4. Boletín informativo ambiental 02/10/2026

    1 de octubre de 2026 · 10 min

  5. Boletín informativo ambiental 24/09/2026

    24 de septiembre de 2026 · 10 min