Portada de Iglesia Noticia

Habla la Diócesis (28.03.2021): A Semana Santa na diocese: espiritualidade, actos litúrxicos e esperanza

· 15 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

Intervención semanal del administrador diocesano, Antonio Valín Valdés, a través de los micrófonos de la Cadena COPE. Presenta Ada Romero y coordina Baruk Domínguez. Temas de la semana: · DOMINGO DE RAMOS NA PAIXÓN DO SEÑOR: Conmemoramos hoxe a sacra entrada de Xesús en Xerusalén, montado nun burriño. Con este acto de humildade, amósanos así o camiño do seu rebaixamento que o levará ata a morte, unha morte na cruz. Así amosou ao xénero humano o exemplo dunha vida submisa á vontade de Deus. Lese hoxe a Paixón segundo san Marcos, cuxo tema central é o de Xesús como Fillo de Deus, o Servo de Deus mártir, vaticinado por Isaías, que morre na cruz. Este sacrificio actualízase na eucaristía, na que hoxe pedimos a misericordia que non merecen os nosos pecados. · Comezamos hoxe a Semana Santa, o tempo litúrxico máis importante para os cristiáns, e facémolo co Domingo de Ramos. Trátase, sen dúbida, dunha das celebracións máis populares e multitudinarias nas nosas parroquias, gocen ou non dunha especial tradición de procesións, e que este ano se terá que levar a cabo dun xeito diferente. · Xa que falamos de restriccións, hai dous municipios da diocese, Ortigueira e Neda, que se atopan agora mesmo en nivel alto pola incidencia da Covid. · Falando xa de actos concretos, aínda que non haxa procesións, haberá varias celebracións litúrxicas importantes, algunha delas restransmitida en directo a través da canle diocesana de YouTube ou das canles das confrarías de Viveiro e Ferrol, por exemplo. · Falando agora da parte máis espiritual, que temos que conmemorar e celebrar estes días? Como debemos vivir esta Semana de Paixón, participemos ou non presencialmente nos actos programados?

Últimos episodios de Iglesia Noticia

  1. «Iglesia Noticia» (01.11.2026): Todos los Santos + Accidente ferroviario en Toledo + Visita pastoral

    1 de noviembre de 2026 · 15 min

  2. «Iglesia Noticia» (25.10.2026): Viaje a Cabo Verde + Catecumenado de adultos + Presentación de "Estudios Mindonienses"

    26 de octubre de 2026 · 15 min

  3. «Iglesia Noticia» (18.10.2026): DOMUND + Dedicación de la Catedral + Catecumedado/Bautismo de adultos

    19 de octubre de 2026 · 14 min

  4. «Iglesia Noticia» (11.10.2026): Fiesta del Pilar + Escola Diocesana de Evanxelización + Viaje a Cabo Verde

    15 de octubre de 2026 · 15 min

  5. «Iglesia Noticia» (04.10.2026): Ministerios laicales + Camino de Santiago Penitenciario + Trabajo Decente

    5 de octubre de 2026 · 15 min