O Teleclube, 01x04: "Pobres criaturas"
Sobre este episodio
Yorgos Lanthimos chega cun novo filme que volve explorar o que é ver o mundo por primeira vez. Nesta ocasión presenta Poor Things, ou Pobres Criaturas, unha reinterpretación de Frankenstein que opta a once Óscar este 2024. Se queres marabillarte e reflexionar sobre a liberdade das mulleres, esta é a túa película. Veste con nós a unha nova sesión de cine?