O Teleclube, 01x06: "Priscilla"
Sobre este episodio
Que pasa cando demostramos que as lendas da música son persoas? Sofia Coppola recolle as memorias de Priscilla Presley para amosarnos a outra cara de Elvis nun filme que nada ten que ver co biopic de Baz Luhrmann. Unha película cargada do máis puro estilo desta directora e coas actuacións de Cailee Spaeny e Jacob Elordi. Queres saber que nos pareceu? Xa tes aquí o sexto episodio de O Teleclube. Veste con nós a unha nova sesión de cine?