O Teleclube, 01x07: "Descoñecidos"
Sobre este episodio
Imaxinas ter a posibilidade de conversar coas pantasmas do teu pasado? O británico Andrew Haigh chega aos cines cunha nova película que te transportará ao máis fondo da dor, pero tamén da empatía e da humanidade. 'All of us strangers' ou 'Descoñecidos' é unha viaxe onírica na que se mesturan o pasado e o presente, a reparación, o amor, o loito e a necesidade de falar coas persoas que deixamos atrás e de coidarnos. Veste con nós a unha nova sesión de cine?