O Teleclube, 01x08: "Dune"
Sobre este episodio
Non queriamos perder a oportunidade de falar da nova película de Denis Villeneuve, "Dune, parte 2". Este segundo filme, baseado aínda no libro homónimo de Frank Herbert, é unha viaxe épica ao deserto na que notarás que a area se che mete por todas partes. Sabemos que xa se falou moito dela, pero queres saber que nos pareceu? Xa tes aquí o oitavo episodio de "O Teleclube". Veste con nós a unha nova sesión de cine?