O Teleclube, 01x13: "As Neves"
Sobre este episodio
Que lle aconteceu a Paula? Unha desaparición no corazón de Galiza é a protagonista do décimo terceiro episodio de "O Teleclube". Sonia Méndez presenta "As Neves" un filme sobre a adolescencia, as drogas, a perda, os erros, a neve e Galiza. Se queres coñecer máis sobre esta película, con aires de Twin Peaks, Skins ou Élite, non perdas o que temos que dicir dela! Veste con nós a unha nova sesión de cine?