O Teleclube 02x14: "Sinners"
Sobre este episodio
'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube' O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida. Despois de traballar xuntos en filmes de franquicias como 'Black Panther' (Marvel) e 'Creed' (Rocky) Coogler e Jordan xúntanse para un proxecto completemente orxinal que mestura os xéneros de película de época, terror, músical e acción. Jordan fai un doble papel de xemelgos que loitaron na I Guerra Mundial e despois traballaron co gángter Al Capone. Agora volven a Misisipi para abrir un local de blues nun ambiente hostil de segregación, o Ku Klux Clan e, como se fora pouco, vampiros. Veste con nós a unha nova sesión de cine? E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.