Portada de El Salto Radio

O Teleclube 03x04: "Os Domingos"

· 43 min · Temporada 3, episodio 4

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

'O Teleclube' reúnese para debater 'Os Domingos'. A directora vasca, Alauda Ruiz de Azúa, lévanos a misa para asistir a un drama familiar que remove as emocións. Premiada coa Cuncha de Ouro no festival de San Sebastián, 'Os Domingos' conta a historia de Ainara (Blanca Soroa), unha adolescente de 17 anos que está seriamente pensando en meterse nun convento para facerse monxa de clausura. Isto non lle fai ningunha graza á súa familia, en particular á súa tía Maite (Partricia Lopez Arnaiz). Ruiz de Azúa conta a historia destas personaxes coa súa habitual compaixón e empatía, o que sen dúbida provoca unha forte reacción nas espectadoras. Escóitanos para averiguar que sentimos nós ao vela! Veste con nós a unha nova sesión de cine? E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.

Últimos episodios de El Salto Radio

  1. Sudáfrica: la nueva ola xenófoba y las resistencias desde abajo

    28 de octubre de 2026 · 26 min

  2. Rio Revuelto 1x01 Entrevista a Montseny

    23 de octubre de 2026 · 42 min

  3. O Teleclube 04x02: "Naza"

    20 de octubre de 2026 · 31 min

  4. Francisco Javier Moreno, psicólogo forense: “Vivir en prisión es un factor de riesgo para la salud mental"

    9 de octubre de 2026 · 14 min

  5. Lora Abuaita: “Los acuerdos de Oslo entregaron la lucha palestina a las ONGs”

    7 de octubre de 2026 · 45 min