Revolta Irmandinha E3 Ana Rivera e o espazo roubado ás mulleres no preito Tabera - Fonseca
Sobre este episodio
A historiadora Ana Rivera protagoniza o terceiro episodio de Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña, cunha mirada necesaria sobre os silencios da historia. Investigadora especializada en historia, Rivera analiza o papel das mulleres nun contexto de conflito que tradicionalmente foi narrado en clave masculina. No preito Tabera - Fonseca, documento fundamental para entender a revolta, só hai unha muller como testemuña e iso ten un motivo. Da Revolta Irmandiña é un proxecto transmedia no que atoparás catro entrevistas en profundidade con catro persoas de relevancia maiúscula na historiografía galega.