Portada de El Salto Radio

O Teleclube 04x01: "La Bola Negra"

· 42 min · Temporada 4, episodio 1

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

'O Teleclube' arranca a cuarta temporada coa forza imparable de 'A bola negra' Os Javis estrean a súa segunda longametraxe, á que todo o mundo está a chamar a película do ano. Javier Ambrossi e Javier Calvo dirixen este filme épico, unha obra bélica e queer ambientada en tres épocas: 1931, 1937 e 2017. Nas tres historias coñecemos as vidas de tres homes gais, Carlos (Milo Quifes), Sebastián (Guitarricadelafuente) e Alberto (Carlos González), e como conviven o momento histórico que lles toca vivir e a súa sexualidade. Inspirada nunha obra inacabada de Lorca, da que toma o título, e na obra de teatro 'A pedra escura' (escrita polo seu coguionista Alberto Conejero), 'A bola negra' fala da importancia de saber o que pasou no pasado, do impacto que ten no noso presente e do medo a que poida volver pasar no futuro. Estamos moi emocionadas por entrar nas conversas que está a xerar 'A bola negra', a cal se está convertendo nun verdadeiro acontecemento do cine español. E lembra que, se queres estar ao tanto das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web d'O Salto Galiza.

Últimos episodios de El Salto Radio

  1. Sudáfrica: la nueva ola xenófoba y las resistencias desde abajo

    28 de octubre de 2026 · 26 min

  2. Rio Revuelto 1x01 Entrevista a Montseny

    23 de octubre de 2026 · 42 min

  3. O Teleclube 04x02: "Naza"

    20 de octubre de 2026 · 31 min

  4. Francisco Javier Moreno, psicólogo forense: “Vivir en prisión es un factor de riesgo para la salud mental"

    9 de octubre de 2026 · 14 min

  5. Lora Abuaita: “Los acuerdos de Oslo entregaron la lucha palestina a las ONGs”

    7 de octubre de 2026 · 45 min