# De Epicuro ao diagrama proteico: micropolíticas do prato. Gabriela Berti

Episodio de [Devenir](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir).

- Publicado: 25 de abril de 2026
- Duración: 2 h 06 min
- Audio: https://www.ivoox.com/de-epicuro-ao-diagrama-proteico-micropoliticas-do-prato_mf_172561653_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir/episodio/3239094-de-epicuro-ao-diagrama-proteico-micropoliticas-do-prato-gabriela-berti

## Sobre este episodio

Aula Castelao Filosofía Gabriela Berti é doutora en Filosofía coa calificación summa cum laude pola Universidade Autónoma de Barcelona, e posúe un mestrado en Teoría e Estética da Arte Contemporánea (UAB- Fundación Joan Miró), investigadora e docente cuxa traxectoria destaca polo seu carácter interdisciplinar, unindo o pensamento clásico co contemporáneo (coa gastronomía e a arte). No ámbito da investigación, o seu traballo céntrase na filosofía práctica contemporánea, con especial énfase no pensamento de Gilles Deleuze e Félix Guattari. Tamén investigou a filosofía da subxectividade e a micropolítica. Na docencia é profesora en diversas universidades de Europa e América, impartindo conferencias sobre estética, filosofía aplicada e cultura gastronómica. Escribiu numerosos artigos e capítulos de libros especializados en filosofía. Tamén é autora de: Epicuro. El objetivo supremo de la filosofía es la felicidad (RBA, 2016, traducido ao francés, italiano e portugués); Félix Guattari. Los ecos del pensar: Entre filosofía, arte y clínica (Hakabooks, 2013); Pioneiros del grafitti en España (Univ. Politécnica de Valencia, 2009, Premio á mellor publicación do ano). Tamén traduciu obras ao castelán como: Felix Guattari. De Leros a La Borde. Prácticas analíticas y prácticas sociales (Casus Belli); Jerrold Levinson, Ética y estética: Ensayos en la intersección (La balsa de la Medusa). Ademais dirixe a web de gastronomía: Los Foodistas (elixido coma mellor portal gastronómico por un estudo do Observatorio de Universidade Politécnica de València e a Pompeu Fabra). Escribe en revistas especializadas coma Foodie Culture, Arrels e outras. Palabras clave: Biopolítica, Deleuze, Gastronomía, MAHA, Micropolítica, Slow Food. A comunicación propón unha análise crítica da gastronomía coma un diagrama de poder e un espazo de pugna, fundamental para a autonomía humana. Partindo da recente pirámide nutricional enmarcada no movemento "Make America Healthy Again” (AMHA), examínase como a proposta dunha dieta híper-proteica constitúe un aparello de captura que desatende as directrices da OMS, para instaurar unha soberanía baseada no vigor físico e a produtividade molar (Deleuze e Guattari). A proposta central que se sostén é que a relevancia desta análise reside na distinción ontolóxica entre alimentación e gastronomía. Mentres a alimentación se reduce á xestión biolóxica de nutrientes (o corpo coma organismo funcional), a gastronomía (o nomos do estómago), revélase coma un sistema de signos, leis e afectos onde se dirime a produción de subxectividade. Así, o diagrama proteico de MAHA non é un sinxelo consello dietético, senón que obedece a razóns biopolíticas da intensidade. Fronte a esta "estratificación" do prato, rescátase a ética de Epicuro coma unha sabedoría do límite contra a desmesura do consumo, e conéctase co pensamento de Deleuze e Guattari para identificar as liñas de fuga posibles. O prato, entendido coma acontecemento e territorio, convértese no espazo onde a desterritorialización do gusto permite ao individuo recuperar a súa autonomía fronte ás cartografías das máquinas de poder do Estado contemporáneo.

Anterior: [No Normal: Imanol Ibero, Carlos Taibo y Antonio Aretxabala](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir/episodio/3239095-no-normal-imanol-ibero-carlos-taibo-y-antonio-aretxabala)
Siguiente: [Libertad, represión y tabú sexual en las iglesias románicas. Con Isabel Mellén](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir/episodio/3239093-libertad-represion-y-tabu-sexual-en-las-iglesias-romanicas-con-isabel-mellen)

## Últimos episodios de Devenir

- [7. RELIGIÓN Y PATRIARCADO. ¿Se puede ser feminista y creyente?](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir/episodio/147019571-7-religion-y-patriarcado-se-puede-ser-feminista-y-creyente) · 30 de octubre de 2026 · 1 h 52 min
- [6. CRISTONEOFASCISMO. Internacional del odio y nuevas alianzas](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir/episodio/147019572-6-cristoneofascismo-internacional-del-odio-y-nuevas-alianzas) · 30 de octubre de 2026 · 2 h 06 min
- [5.COMUNIDADES MUSULMANAS, islamofobia y animadversión entre la izquierda española](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir/episodio/147019573-5-comunidades-musulmanas-islamofobia-y-animadversion-entre-la-izquierda-espanola) · 30 de octubre de 2026 · 2 h 06 min
- [4. MOVIMIENTO PENTECOSTAL Y ÓRDENES MORALES. El caso de la población gitana en Madrid](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir/episodio/147019574-4-movimiento-pentecostal-y-ordenes-morales-el-caso-de-la-poblacion-gitana-en) · 30 de octubre de 2026 · 1 h 53 min
- [3. MAPA RELIGIOSO EN ESPAÑA. Secularización, pluralidad religiosa y desafíos de una sociedad diversa](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/devenir/episodio/147019575-3-mapa-religioso-en-espana-secularizacion-pluralidad-religiosa-y-desafios-de-una) · 30 de octubre de 2026 · 1 h 57 min
