Portada de Cara a cara

Cara a cara #137: Lucía Catoira Pan

· 36 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

Recuperamos para este Cara a cara o encontro que o pasado xoves 29 de novembro tivo lugar no CITA dentro das actividades de EnfocA. A directora de fotografía Lucía Catoira Pan achegou ao público asistente a súa experiencia profesional. Este 2018 foi un punto de inflexión na súa traxectoria. A comezos de ano converteuse na primeira muller que obtén un premio na dirección de fotografía dos premios Mestre Mateo. Foi coa longametraxe de Andrés Goteira 'Dhogs' que pasou a ser tamén o máis premiado destes galardóns. Neste encontro falou tamén do seu traballo no curto 'Matria' de Álvaro Gago, que conseguiu o gran premio do xurado no Festival Sundance; e na longametraxe 'Trote' de Xacio Baño, que se vai a estrear o 14 deste mes. Lucía Catoira tamén avanzou algúns proxectos cos que se mostrou ilusionada e que realizou con outras mulleres como Sandra Sánchez ou Sonia Méndez.

Últimos episodios de Cara a cara

  1. Paloma Sánchez-Garnica con 'Un hombre de honor'

    22 de octubre de 2026 · 28 min

  2. Ana Covadonga Castro con 'El último tormento'

    15 de octubre de 2026 · 20 min

  3. Alejandro Palomas con 'Casa'

    12 de octubre de 2026 · 25 min

  4. Rafael Tarradas Bultó con 'El infiltrado'

    11 de octubre de 2026 · 33 min

  5. Francisco Narla con 'Santiago'

    23 de septiembre de 2026 · 42 min