Portada de Cara a cara

Cara a cara #440: Os Teixeira e 'Os números viaxeiros'

· 38 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

Inicialmente, cando 'Os números viaxeiros' aínda non tiñan nome, este libro ía ser un agasallo de aniversario. Finalmente, pasou a ser unha novela autoeditada e escrita por ese pai e as súas dúas fillas. Asinan Xulio Teixeira Rodríguez, Xulia e Carla Teixeira Rey. Unha novela na que se entrecruzan, ou máis ben, a realidade vai alimentando á ficción e que ten misterios e aventuras. Tamén hai moitas viaxes, case tantos como os que xa teñen feitos Xulia e Carla por varios continentes. Tamén hai "un libro de valores" sobre o respecto, a tolerancia, a igualdade ou o feminismo. De feito, está escrito en feminino, non só porque as protagonistas sexan dúas nenas, senón tamén para "igualar a todas as persoas nun concepto integrador". Un libro para toda a familia, co que ademais se anima a toda persoa lectora a descubrir onde está o seu mundo. Foto: Mónica Patxot

Últimos episodios de Cara a cara

  1. Paloma Sánchez-Garnica con 'Un hombre de honor'

    22 de octubre de 2026 · 28 min

  2. Ana Covadonga Castro con 'El último tormento'

    15 de octubre de 2026 · 20 min

  3. Alejandro Palomas con 'Casa'

    12 de octubre de 2026 · 25 min

  4. Rafael Tarradas Bultó con 'El infiltrado'

    11 de octubre de 2026 · 33 min

  5. Francisco Narla con 'Santiago'

    23 de septiembre de 2026 · 42 min